Este ano os nenos e nenas terán un oco especial na Feira dos Invasores, e por partida triple!
Atraccións de época
A empresa Especialistas Hípica Celta, especialista en animacións para ferias medievais, traerá a Cangas varias atraccións para o disfrute dos máis pequenos:
- unha noria de madeira que se move coa forza dos estupendos monitores que acompañan a atracción;
- un barco de madeira co que a rapazada «navegará» en terra firme;
- unha noria dende a que os máis pepquenos poderán virar e virar…
Xogos infantís da Asociación Juan XXIII
A Asociación Juan XXIII traerá á Feira dos Invasores xogos feitos artesanalmente polos seus asociados, logrando unha gran labor de integrar as persoas con discapacidade intelectual que forman parte desta asociación e tamén para conseguir que os nenos e nenas pasen un bo rato.
Torre de madeira xigante (Yenga), futbolín (fútbol pala), plataformas, rá, xogos de equilibrio…
Animación infantil a cargo de A Illa dos Ratos
Un ano máis A Illa dos Ratos volverá a organizar unha Festa Histórica Infantil: xogos, obradoiros de escudos, maquillaxe, carreiras tolas con sacos, paracaídas…
Aquí un momento desa Festa Histórica Infantil do ano 2016 organizado por A Illa dos Ratos: