Costureiriña bonita…

Hoxe agradecer a tódalas costureiras pertencentes á Asociación A Cepa de Cangas que están axudando coa decoración das rúas para a próxima Feira dos Invasores.

Levan varias semanas traballando duro e de forma voluntaria. Están creando a decoración que quedará no pobo para as próximas edicións da Feira dos Invasores – A Defensa da Vila.

Gracias para a Pilonchi, Chiruca, Ana Perete, Merchi, Pili e María, que leva gran parte da carga como xefa de taller. Gracias a todas elas por realizar este traballo tan duro que ben lucirá o próximo fin de semana.

Tamén agradecer a Carlos González, da Asociación Peis d’Hos que estivo realizando labores de investigación e diseño para que esta decoración fose acorde coa que podería haber no antigo Cangas de 1617.

Gracias!!

Próximamente nas vosas rúas!

Costureiriña bonita,
dame unha agulla de prata,
para sacarme unha espiña,
do corazón que me mata.

4 comentarios

  1. Magnifico labor o que están a realizar. Coma sempre as mulleres colaborando para mellorar.
    Asi era e ten que ser Sempre en Cangas

  2. Con esa adicción e vontade e como este tipo de cousas arraigan e saen ben. Bravo por esas mulleres traballadoras !!!

Los comentarios están cerrados.