2026 – Bases participación na Feira dos Invasores

A Feira dos Invasores 1617 é unha feira ambientada no Cangas de 1617. A feira estará activa do venres 25 ó domingo 27 de setembro nos Xardíns Félix Soage (Alameda Vella) de Cangas.

O mobiliario e as estructuras dos postos deberán estar ambientados na época na que se conmemora o evento (1617): madeira, palla, liño, tela de saco, pratos e vasos de barro, cristal ou cartón biodegradable (non permitidos envases de plástico).

Entre os postos da feira teremos artesáns coa venda de productos feitos a man e tamén postos de demostración de oficios: alfareiros, ferreiros, cesteiros, canteiros, redeiras, carpinteiros…

Tamén haberá postos de alimentación: pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, tortillas, chourizos, choripan, xamón asado, polbo, biscoitos, magdalenas, bicas, mel… e tamén bebida: viño, cervexa, auga, zumos, refrescos…

PLAZOS PARA SOLICITUDE DE POSTOS NA FEIRA:


    Completa o seguinte formulario para solicitar a instalación dun posto no Mercado dos Invasores 1617.






    Representación



    Datos do posto






    Achega unha fotografía na que se vexa claramente o posto ou a montaxe que se vai instalar.

    Documentación


    Achega a documentación correspondente. Os documentos que só sexan aplicables
    a determinados tipos de posto poden deixarse sen cubrir.






    Compromiso

    adefensadavila-2025

    A presentación de solicitudes realizarase ata o venres 11 de setembro de 2026.
    O prazo para subsanar datos e efectuar o pago remata o domingo 20 de setembro de 2026.

    ANEXOS PARA SOLICITUDE DE POSTOS NA FEIRA:

    Pasos a seguir:

    1. Enviar Solicitude e Declaración responsable á Asociación A Defensa da Vila ou a través do formulario.
    2. A Asociación A Defensa da Vila encárgase de enviar as tasas para que se poidan pagar a través do banco.