2026 – Solicitude de alpendres para xantar e cear na rúa

Durante a celebración do Mercado dos Invasores 1617, que terá lugar do venres 25 ao domingo 27 de setembro, as persoas particulares poderán solicitar un espazo para instalar un alpendre ou mesa para xantar e cear nas rúas de Cangas.

A idea é vivir a festa dende dentro: xuntarse coa familia ou cos amigos, compartir mesa e formar parte da ambientación do Cangas de 1617.

Prazo de solicitude

As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 22 de setembro de 2026.

Para participar será necesario cubrir o formulario dispoñible ao final desta páxina e aceptar as normas de participación.

Ambientación dos alpendres

Os espazos deberán integrarse na ambientación histórica do Mercado dos Invasores 1617.

Entre outras condicións:

  • As persoas participantes deberán vestir con indumentaria acorde coa época histórica da festa.
  • Os alpendres, mesas e elementos empregados deberán estar ambientados de acordo co espírito do Mercado.
  • Non están permitidas carpas industriais nin toldos de plástico visibles.
  • Os elementos modernos ou anacrónicos deberán permanecer ocultos.
  • Os postos deberán ser de madeira ou estar cubertos con tecidos rústicos como liño, lenzo ou tea de saco.
  • A louza deberá ser de barro ou madeira.
  • Non poderán quedar á vista botellas de plástico, latas ou outros elementos alleos á época.
  • Non se poderá facer publicidade de marcas comerciais.

Cada grupo deberá respectar o espazo asignado pola organización e deixar libres os accesos necesarios para os servizos de seguridade e emerxencias.

Montaxe e desmontaxe

A montaxe poderá comezar o venres 25 de setembro a partir das 18:00 horas.

A desmontaxe realizarase a partir do domingo 27 de setembro ás 16:00 horas, debendo quedar o espazo completamente libre e limpo antes das 22:00 horas.

A persoa responsable deberá manter visible durante o Mercado a autorización ou número identificativo facilitado pola organización.

Tamén será responsable de manter limpo o espazo utilizado e de contar cun recipiente para o lixo acorde coa ambientación da festa.

Consulta as bases completas

Antes de enviar a solicitude recomendamos consultar as Bases reguladoras dos alpendres – Mercado dos Invasores 1617, nas que se detallan todas as condicións de participación.

DESCARGAR BASES DOS ALPENDRES 2026

Solicitude de alpendre

Completa o seguinte formulario para solicitar a instalación dun alpendre durante o Mercado dos Invasores 1617.


    Completa o seguinte formulario para solicitar a instalación dun alpendre durante o Mercado dos Invasores 1617.










    Compromiso de participación


    O solicitante declara coñecer e aceptar as normas de participación establecidas para os alpendres do Mercado dos Invasores 1617.


    O alpendre e as persoas participantes deberán estar caracterizados de acordo coa estética e a indumentaria propia da época histórica recreada.


    Non está permitido facer lume con chama aberta. Permítese o uso de brasas e grellas sempre que se cumpran as medidas de seguridade establecidas nas bases de participación.


    No caso de utilizar brasas ou grella, a persoa responsable deberá adoptar todas as medidas de seguridade necesarias, incluíndo a dispoñibilidade dun extintor operativo e dos medios de prevención e control necesarios.