Bases para artesáns e comerciantes

defensa-vila-comida

A Feira dos Invasores 1617 é unha feira ambientada no Cangas de 1617. A feira estará activa do venres 26 ó domingo 28 de setembro nos Xardíns Félix Soage (Alameda Vella) de Cangas.

O mobiliario e as estructuras dos postos deberán estar ambientados na época na que se conmemora o evento (1617): madeira, palla, liño, tela de saco, pratos e vasos de barro, cristal ou cartón biodegradable (non permitidos envases de plástico).

Entre os postos da feira teremos artesáns coa venda de productos feitos a man e tamén postos de demostración de oficios: alfareiros, ferreiros, cesteiros, canteiros, redeiras, carpinteiros…

Tamén haberá postos de alimentación: pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, tortillas, chourizos, choripan, xamón asado, polbo, biscoitos, magdalenas, bicas, mel… e tamén bebida: viño, cervexa, auga, zumos, refrescos…

PLAZOS PARA SOLICITUDE DE POSTOS NA FEIRA:

adefensadavila-2025

A presentación de solicitudes realizarase ata o venres 12 de setembro de 2025.
O prazo para subsanar datos e efectuar o pago remata o domingo 21 de setembro de 2025.

ANEXOS PARA SOLICITUDE DE POSTOS NA FEIRA:

Pasos a seguir:

  1. Enviar Solicitude e Declaración responsable á Asociación A Defensa da Vila ou a través do email cangas@adefensadavila.com.
  2. A Asociación A Defensa da Vila encárgase de enviar as tasas para que se poidan pagar a través do banco.