Participantes

Asociacións e empresas que organizan, colaboran e patrocinan a conmemoración da Feira Histórica «Cangas 1617: A Defensa da Vila – María Soliña».

Organizadores

A Defensa da Vila

Asociación Cultural creada co obxetivo de potenciar este evento.

Concello de Cangas

Concello de Cangas do Morrazo. Nesta páxina poderás estar ó día da axenda institucional e de moitas das novidades que suceden na vila.

Teatro de Ningures

Despois de 35 anos de actividade teatral profesional, TEATRO DE NINGURES, fundada en 1.986, reúne unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galiza e un punto de encontro imprescindíbel para as profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego.

Colaboradores

A Illa dos Ratos

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos é unha entidade sen ánimo de lucro que desde 2016 ven traballando co humilde obxectivo de dinamizar o Morrazo. Para logralo vimos organizando diferentes tipos de actividades tanto de animación sociocultural como de educación medioambiental, pero sobre todo máis de 500 rutas guiadas gratuítas para que a xente coñeza e valore os nosos fermosos recursos turísticos (culturais, naturais, históricos e etnográficos) polas que xa pasaron máis de 15.000 asistentes.

Nos últimos anos participamos de xeito activo en varias das celebracións máis relevantes do noso entorno como o Entroido ou o Nadal de Cangas e Moaña ou na Festa Histórica «A defensa da Vila – María Soliña», neste último caso levando a cabo dúas rutas temáticas diferentes baixo os títulos «Cangas 1617, A defensa da Vila» e «Cangas 1617, Outro punto de vista» e organizando a Festa Histórica Infantil «A defensa da Vila».

Ademais desta gran labor, durante a pandemia aproveitamos para lanzar a nosa web www.ailladosratos.org donde ademais de recoller información sobre as nosas rutas e actividades, estamos desenvolvendo un interesante proxecto, «O Blog dos ratos» no que regularmente publicamos artigos sobre diferentes temas relacionados coa nosa contorna: asociacións que a dinamizan culturalmente, biografías de personaxes históricos, libros relacionados co Morrazo, historia e etnografía. Toda esta información está a disposición de todas as personas que desexen coñecer mellor o que nos rodea e incluso os centros educativos están empregando este recurso para preparar algunhas das súas unidades didácticas.

Se queredes contactar con nós, podedes facelo no 611 08 08 53 ou en ailladosratos@gmail.com

Ameaça de Bombo

“Ameaça de Bombo” nasce no ano 2000 como umha iniciativa para percorrer as ruas de Vilarinho a jeito de “Alvorada” o dia da “Festa Folc”.

Co tempo a iniciativa foi medrando até formalizar-se como grupo estável.

O nosso repertório está baseado nas “Treboadas” e nos “Folións”, manifestaçons culturais tradicionais onde se empregam bombos de grandes dimensións, assí como peças das tradiçons galega e portuguesa adaptadas ao nosso jeito.

https://www.facebook.com/profile.php?id=100068081348328

A. C. Belas Artes de Cangas

Dende 1926 // Banda de Música «Belas Artes» de Cangas // Banda Escola // ESMU «Belas Artes» de Cangas.

A. C. María Soliña

A Asociación Cultural “María Soliña” nace no ano 2016 da man dun grupo de amigos, compañeiros doutras escolas, que se unen para crear esta banda de gaitas e percusión.

Na dirección contarán co laureado Pedro A. Fariñas e na percusión os guía Suso Costas,
que pronto dará paso á recoñecida Anaïs Barbier; que formalizará a creación do grupo de pandereteiras “Trikoloma”, hoxe “Pandereteiras de María Soliña”.

Dende moi cedo comenzan a ter colaboracións en actos culturais e participan en festas parroquiais do Morrazo e de Vigo. Facendo no ano 2018 a súa presentación oficial no Auditorio de Cangas.

Todas as pezas que toca a banda son de corte tradicional e levan arranxos adaptados á idiosincrasia da agrupación polo seu director.

No ano 2021 chegan á asociación Marina F. Vigo, como directora da Banda de Gaitas e
Sandra Diéguez levando ás pandeireteiras. Dúas mulleres de indudable recoñecemento no panorama musical galego, o que supón un impulso na particiación en eventos tradicionais do noso país.

https://www.facebook.com/profile.php?id=100063475391095

A. C. Lembranzas da Ría

Somos un colectivo que levamos máis de 30 anos traballando dende a base, para recuperar, fomentar e divulgar o folclore galego.

Se non nos coñeces, esta é a túa oportunidade para facelo. E se te queres unir, estás convidado.

NA A.C. LEMBRANZAS DA RÍA TOD@S SUMAMOS!

https://www.facebook.com/lembranzasdaria

logo-peisdhos

A. C. Peis d’Hos

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.

A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.

Un dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto como unha rareza empregada tan só por uns poucos. Sen dúbida, unha clara e arriscada aposta pola cultura do país.

https://www.peisdhos.com/

ACF Tromentelo

A. C. F. Tromentelo

Somos un colectivo que nos adicamos a conservar e potenciar a cultura galega empregando para elo principalmente a música e a tradición.

Seguimos en marcha logo de 25 anos grazas á ilusión e ás ganas de seguir escribindo a historia, é dicir, conservando, recuperando e transmitindo este ben tan prezado ás vindeiras xeracións pero sempre sen esquecer o noso motor: os milleiros de experiencias que cada día compartimos entre nós, ¿súmaste?

Auditorio de Cangas

Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura, no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio. Ten unha gran repercusión sobre os concellos limítrofes, Moaña e Bueu, o que supón unha área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.

O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galicia.

Cangas Vella

Cangas Vella nace como asociación sen ánimo de lucro, e coa inteción de promover e darlle un pulo o casco vello de Cangas, somos un grupo de comerciantes e hostaleiros que invitan a participar a todos os veciños, asociación e as diferentes autoridades.

https://www.cangasvella.org/

Club de Esgrima Falcata

Club Falcata de esgrima histórica e artística de Vigo.

https://www.falcata.net/

Deputación de Pontevedra – Pontegal

Co fin de dotar as entidades interesadas dunha ampla oferta de grupos créase o Catálogo de grupos Pontegal da provincia de Pontevedra, que se configura como o inventario de grupos, artistas e compañías, nas súas múltiples e variadas expresións artísticas, co fin de favorecer e impulsar a actividade artística e a riqueza da cultura popular existente na provincia de Pontevedra.

Este catálogo pretende ser un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento dos diferentes grupos de música, teatro, danza e outras modalidades artísticas da provincia. Nel recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas.

https://www.depo.gal/pontegal

pais de san roque - grupo de danzas

Grupo de Danzas – Pais de San Roque

Os ensaios do grupo de danzas Pais de San Roque realízanse no colexio de San Roque da parroquia de Darbo. Dende 1986.

Mar da Pedra

Asociación de amigos da Gamelas.

alfombristas-san-martiño-moaña-antiqua

Moaña AntiQua

A Asociación Moaña AntiQua constituise en 2018, coa principal tarefa de contribuir ó estudio, promoción e difusión da historia do pobo de Moaña.

A mediados do ano 2019 integrase o grupo de Alfombristas de San Martiño dentro da Asociación Moaña AntiQua.

Patrocinadores

Nogueira & Vidal

Abogados – Economistas – Gestoría – Asesoría

Mar de Ons

Viajamos Vigo-Cangas y te acercamos a las Islas Cíes, Ons, San Simón y Tambo. Embárcate con nosotros.

Kiosko Gofres

TodoMorrazo

Asociación de alojamientos turísticos del Morrazo.

Para contactar con la directiva: turismo@todomorrazo.com

La Böcöque

La Truji

Conservas Lago Paganini

Centro de Estudios Cangas

La Truji

Inmobiliaria Villaverde