A Feira dos Invasores realizarase entre o 25 e 27 de setembro de 2026.
A representación teatral «A Defensa da Vila – María Soliña» será o 27 de setembro.
Programa de A Defensa da Vila 2026
Venres 25 de setembro
- 19:00 — Apertura do Mercado dos Invasores Cangas 1617. Atraccións infantís co Día do Neno (2×1) e actuación de Ameaça de Bombo.
- 20:00 — Apertura das exposicións na Capela do Hospital: Devanceiros do Mar: Unha mirada atrás e Alfombristas de San Martiño: 1617 dende o outro lado.
- 20:30 — Pregón de A Defensa da Vila, con cantar de cego, zanfona e Teatro de Ningures. Entrega dos premios á mellor caracterización en grupo e á mellor caracterización comercial de 2025.
- 21:30 — Aquelarre, representación de Teatro de Ningures na Fonte do Cabalo. Ás 21:45, no mercado.
- 22:00 — Gaita, Tambor e Lume, fusión de tradición galega e ritmos africanos.
Sábado 26 de setembro
- 11:00 — Apertura do mercado, das atraccións infantís e das exposicións da Capela e dos Alpendres.
- 11:30 — Ruta guiada «Cangas 1617: A Defensa da Vila», con A Illa do Ratos. Inscrición por WhatsApp.
- 12:00 — Ensaio xeral de A Defensa da Vila, María Soliña. Cangas 1617.
- 12:30 — Actuación da A. C. María Soliño.
- 13:00 — Gaita, Tambor e Lume.
- 14:00 — Cantar de cego «Agoiro, Cangas 1617».
- 17:30 a 19:00 — Festa Histórica Infantil, con obradoiros e xogos a cargo de A Illa do Ratos.
- 18:00 — Actuación da Asociación Cultural Pais de San Roque.
- 19:00 — Lembranzas da Ría, espectáculo de cabezudos.
- 20:00 — Actuación da A. C. Tromentelo.
- 21:00 — Desfile do Dragón e Zancudo, coa treboada de Ameaça de Bombo.
- 22:30 — Esconxuro da Queimada.
Domingo 27 de setembro
- 11:00 — Apertura do mercado, das atraccións infantís e da exposición da Capela do Hospital.
- 11:00 — Ruta guiada «Cangas 1617: A Defensa da Vila», con A Illa do Ratos. Inscrición por WhatsApp: 611 080 853.
- 11:30 — Ruada de Lume de Carozo.
- 11:30 — Lembranzas da Ría, espectáculo de cabezudos.
- 17:00 — Ruada de Lume de Carozo.
- 18:00 — Espectáculo infantil con Codia e Miolo e, a continuación, A Pitonisa Felisa.
- 19:00 — Ambientación Cangas 1617.
- 20:00 — A Defensa da Vila, María Soliña. Cangas 1617, representación de Teatro de Ningures.
