A inclusión deste apartado ten a dobre finalidade de servir como recurso para facilitar a comprensión dos termos da época, moitos xa en desuso, e tamén como contribución filolóxica e semántica que achega coñecementos históricos que enriquecen o texto.
ACOITELADO: Forma resgada dalgúns calzóns.
AGUJETA: En galego, «agolleta». Tira, fita ou correa coa que se amarran os calzóns, os xibóns, etc.
ALCABALA: Imposto porcentual sobre unha venda.
ALFOLÍN: Almacén de sal.
ALFÁNDEGA: Casa pública de compravenda de cereais.
ALOXAR: Dereito a percibir aloxamento ou hospedaxe gratuítos.
ALUGUEIRO: Parte do contrato de pesca que consiste nun pago en especie.
ARMADIXA: Trampa, arte de pesca prohibida.
ARRIEIROS: Persoas que conducen unha recua de cabalerías nas que transportan banastras de sardiña cara aos mercados do interior.
ATALIEIRO: Atalaiador, o que rexistra o mar na procura de peixe na arte do cerco. Adoitaba ser un dos vigairos do gremio.
AXUDANTE: Cada unha das persoas que colaboraba na pesca da sardiña ao cerco. Podían ser terrestres, turrando da rede co cinto, avisadores, recolledores de peixe, desmalladores… Percibían o salario só en especie.
BARBULLIDO: Burbullas e murmurio que produce o cardume de sardiña.
BARREIRA: Mancha de cor barrenta que produce a sardiña ao ir de costado.
BEBEDURAS: Gastos comúns na preparación dos aparellos do cerco. Podían ser de metedura do aparello, ou tamén chamada pagada de saída, que consistían en viño, pan e augardente; de partilla, cando se repartían as ganancias: trigo, rosquillas, viño e augardente. No cerco chamábanse de enviada, e cada compañeiro recibía un bolo de pan e un cuarteirón de augardente, un cuartillo de viño e medio bolo ou un real en diñeiro. As bebeduras da quinzada eran os gastos que se facían en augardente durante O tempo que duraba a pesca (de oito a vinte días) e que consumían nunha taberna os mariñeiros en cada enviada. Isto, xunto co aceite, as cebolas, os allos, o pemento, os mistos… que se usaban nas caldeiradas diarias de a bordo, descontábase en común do que se obtiña da pesca. Na arte da xávega, as quinzadas consistían en dous cuartillos de viño e media libra de pan por cabeza ao día.
BOUREL: Boia, cortiza flotadora. Antigamente era un ramallo de loureiro ou unha sineira que daba conta de onde se situaban no mar os aparellos do xeito, das talas ou dos tramallos.
CABREAR (Andar a): Buscar ou procurar unha posta.
CASEA: Cacea; partes de rede que achegaba cada socio e que casadas formaban a totalidade da arte empregada.
CaIra: Corda ou cabo longo que une o aparello do cerco coa terra. Era subministrada polos socios, que tamén achegaban o trincado.
CAER: Deixar caer; dise de cando o barco se deixa levar sen rumbo, abandonado á corrente.
CARALLETE: Cabo de corda dunha braza de longo que se usaba enganchado no peche do cinto e co que se levaba o aparello cara á terra. En Vilaboa aínda se menciona a Pedra dos Caralletes, malia que neste caso pode ser que se trate de longueiróns. En Cangas, á procesión do Santo Encontro tamén se lle chamaba dos Caralletes, quizais por asistiren a ela os que halaban as redes durante toda a noite.
CARREXÓN: Arrieiro; dise do que negocia e logo carrexa O peixe para a súa venda polas vilas.
CARTEL: Cada unha das pezas da rede que se unen entre si para formar as distintas artes. Así, hai cartel do xeito, da rapeta, da man…
CAZOEIRA: Cagoeira; rede de arte fixa semellante ao rasco,
CELEIRO: Tulla, graneiro, local para gardar cereais.
CERCO: Cerco Real. Chámase «cedazo» nas Rías Altas. Rede que se usa, ba circularmente nesta arte de pesca da sardiña. Tamén a sociedade de homes é o conxunto de aparellos e embarcacións que, baixo contrato, interveñen no uso desta arte.
CINTO: Cíngulo, síngule. Faixa de coiro, esparto, lona ou corda coa que st turraba da rede para achegala ata a terra e facer logo a enxágoa. No cerco era unha achega propia dos axudantes.
CIRAFOL: Calzóns abombados a xeito de fol. CoMBETA: Corda, tala.
COMBETA: Corda, tala
COMBETA: Camboa, gamboa. Cerco de pedras, ou doutro tipo, que formaba unha especie de lago artificial na costa. Ao baixar a marea, permitía a captura dos peixes que entrasen segundo esta fose subindo.
COMPAÑEIRO: Cada un dos membros que compoñían unha sociedade para dedicarse á pesca e que achegaban algún dos elementos da arte. A súa contribución nos cercos estaba reducida a non máis de dous ou tres quiñóns de rede, e a participación no producto da pesca tampouco era uniforme. Segundo o dito: “eran compañeiros do patrón e socios do amo”.
CONGOXA: Fatiga, angustia.
CORDAS: Aparellos semellantes ao palangre ou á tala que estaban prohibidos nalgúns lugares por esas datas.
CORREXEDOR: Maxistrado que exercía a xurisdición real (en Cangas arcebispal) e atendía as causas de xustiza e os castigos.
CORRIXIR: Reparar, arranxar a rede, poñela ben.
COTEIRA: Chousa, frecheira. Dise da malla estreita de rede que se emprega no xeito.
CHINCHORRO: Aparello de uso estival a medio camiño entre a rapeta ea traíña.
CHOUSA: Malla estreita da arte do xeito que se usa para a pesca da xouba ou parrocha.
DESMALLE: Acción de retirar da rede as sardiñas que quedaron presas polas galadas.
DOAZÓN: Pago en especie (roupa sobre todo) que se lles daba aos mozos do mar, aprendices de mareantes.
DORNA: Barca de pesca de entre tres e seis metros de eslora con costados en trincado (en calime), quilla, mastro e leme por baixo da quilla. Haina de varios tipos, como a de barragán, de tope, de mastro e remos… Tamén a había polbeira, peixeira, tramalleira, xeiteira…, segundo a arte ou a clase de peixe á que se dedicasen.
EIXADA: Banco grande de sardiña, sen orde nin forma, mais cun tamaño menor que o pé de sardiña.
EMBALO: Procedemento para pescar a sardiña que está considerado unha mala arte. Consiste en provocar o enmalle do peixe na rede a base de ruídos, mergullamentos de obxectos, voces, golpes nos barcos, paus na auga € mesmo dinamita para provocar a ardora. Esta práctica considérase perniciosa porque espanta a sardiña, trastorna a súa vida, evita a desova e provoca a súa fuxida cara a outros lugares.
EMPANDAR: Unir as pezas ou os quiñóns que forman a rede despois do seu encascado e curado.
ENCORCHADURA: Cortiza suxeita á tralla ou á relinga das redes.
ENXÁGOA: Operación de recollida da sardiña cos salabardos unha vez que esta está no cope.
ENXUTAR: Verbo derivado de “enxoito”. Secado das redes.
ESCRIBÁN: Especie de secretario xudicial. Nos cercos era a persoa de confianza da compañía e elixíana antes da súa constitución. Encargábase do aspecto económico e administrativo, anotaba as faltas de asistencia, de vixilancia, de disciplina… que o atalieiro observaba. Recibía do vigairo os incumprimentos das ordenanzas, facía a repartición e, no trincado, era o último que se deitaba, pois tiña que repasar as contas e as notas do que sucedera durante o día.
ESPINEL: En galego, “tala”. Especie de palangre ou raeira. Corda (estrallo) da que penden outras (brazoladas) das que penduran as picas ou anzois,
FIEL; Encargado ou local onde se comprobaban e controlaban as medidas de peso.
FORO: Contrato consensuado de orixe medieval que permitía a explotación dunha terra en troques dunha achega porcentual en especie ou moeda, Podían ser perpetuos ou temporais, leigos ou eclesiásticos, de herdanza e de pacto ou de providencia…
FRECHEIRA: Malla estreita. FURNIR: Preparar e armar un cerco.
GALEÓN: Lanchón grande que se dedica á pesca da sardiña. Galera. Barco pequeno de carga, trincado.
GALERA: Barco longo e estilizado, de borda baixa e con remos, que usaba a armada nesa época.
GOLA: Peza do traxe amidonada e de encaixe que rodea o pescozo.
GREMIO: Unión de mercadores, comerciantes ou traballadores do mesmo oficio con funcións sociais e de proteccionismo económico. Os gremios de mareantes tiveron unha grande importancia e forza. En Galiza existe unha total identificación entre este e a confraría relixiosa, cuxa xénese merecería ser investigada.
LANCHA: Embarcación de remos, e tamén de vela, empregada para diversos mesteres. No ámbito da pesca usábanse as lanchas para capturar diversas especies con distintas artes: xeiteira, polbeira, traiñeira…
LAÑAR: Abrir o peixe polo ventre para salgalo ou curalo.
LASA: Malla ancha da rede propia para a sardiña.
LAZO: Arte de caza prohibida.
LEVA: Partida das embarcacións. Recrutamento obrigado no servizo militar.
MEDIOMUNDO: Aparello de pouco custe cunha rede de dez brazas manexada por dous homes. Rende pouco produto e usa como cebo mexillóns machucados mesturados con farelo ou area.
MONTESES: Xente da parte interior da costa que baixaba a axudar nos labores de encerro da sardiña nos cope do cerco.
MOZO DO MAR: Xove aprendiz que se dedicaba a labores auxiliares nos barcos do cerco.
PANDEIRETE: Recipiente de madeira con forma de pandeireta invertida no que se colocaban as sardiñas.
PANDULLO: Pedras con forma de ril que se usaban como contrapeso ao atalas nas trallas ou relingas das redes.
PATROA: Muller que agardaba nos peiraos a chegada do peixe (milleiros de sardiña ou ducias de pescada) e tomaba apuntamentos sobre as cantidades que entraban, as cestas que se vendían, a quen se vendían…
PAXE: Cesto de vimbios co que se transportaba o peixe dos peiraos ao mercado ou á fábrica de conserva e salgadura.
PELTRE: Remo grande co que se gobernaban os trincados. Na pesca do cerco servía para sinalar o lugar da posta. Mentres estaba na auga, os barcos debían agardar a chegada do atalieiro para facer o lance.
PENDÓN: Bandeirola coa que o atalieiro lles sinalaba aos barcos o final das faenas ou o retorno ao porto. Este estandarte acabou usándose nas procesións como símbolo da confraría de mareantes.
PEÑORA: O que se dá ou empresta en prenda.
PINAZA: Embarcación antiga de orixe medieval, lixeira e estreita, a vela é temo. Usábase na pesca, no transporte e na pasaxe.
PIRLO: Embarcación pequena usada no cerco. Era como un pequeno bote destinado a servizos auxiliares de comunicación entre os outros barcos, a levar os cabos a terra, a velar o rabizo… Tiña catro remos, pouca manga, tres ou catro bancos e unha tripulación de catro homes como moito.
POLBEIRA: Dise da embarcación que se dedicaba á pesca do polbo: dornas, lanchas, botes…
Posta: Lugar sinalado polos mareantes para botar os aparellos. Na pesca do cerco chamábanse tratos.
QUIÑOEIRO: Persoa que contribúe cunha parte á constitución dun aparella de pesca e que logo participa nas súas utilidades.
RABIZO: Cabo groso que saía do salabardo e que se utilizaba na pesca do Cerco.
RACIONEIRO: Prebendado que ten unha parte ou ración nunha catedral oy colexiata.
RAEIRA: Aparello destinado á pesca das raias, mais que tamén serve para co. ller rodaballos, patarroxas, centolas, lagostas, zapatas… É unha arte fixa de fondo formada por varias redes unidas que dan 50 ou 60 metros. O dono levaba o cincuenta por cento do produto.
Rasco: Cazoéira, arte de pesca semellante á raeira que rasca a area no fondo. Usouse desde o século xv e foi considerada prexudicial ao permitir a captura de toda clase de peixes. Lanzábase desde dúas ou tres lanchas medianas ou dornas constituídas en compañía mediante un compromiso verbal.
REGATEIRA: Muller que vende o peixe usando a arte do regateo.
REZOEIRA: Pedra atada a unha corda que serve para facer sondaxes coa finalidade de coñecer a profundidade na que se vai lanzar a rede.
SACADA: Cada vez que se procedía a sacar as sardiñas co salabardo durantea enxágoa.
SACADA DO SAL: Operación que consistía en obter o sal nos alfolíns ou nas alfándegas.
SALABARDO: Rede pequena que pende dun aro con forma de saco ou manga que pode recibir de un a catro milleiros de sardiña. Usase na faena da enxágoa.
SEBEIRO: Peza semellante en uso á rezoeira. Chámase así porque se usa sebo na punta para comprobar o fondo.
TABAL: Barrica ou tonel no que se prensan as sardiñas para extraerlles o saín e vendelas como arenques.
TERRESTRES: Xente de terra que colaboraba desde a praia en diversos labores do cerco.
TRAMALLO: Arte de pesca na que se amarran as boias e as cortizas a rabizos delgados. Pequena embarcación con catro homes que se dedica a esta arte de pesca.
TRINCADO: Embarcación de carga e pasaxe que se usa tamén na pesca do cerco. Leva O mastro caído cara á popa e unha vela ao terzo. Ten o casco construído ao trinque por posible herdanza nórdica.
VALONAS: Colo de camisa grande que cae por detrás, polo peito e polos ombreiros.
VetA: Arte de pesca semellante á casea ou cacea. Cabos dunha rede do cerco.
ViGalrO: Dirixente dun gremio ou confraría con autoridade e certas facultades xurídicas.
VoLANTA: Aparello da familia dos rascos que estivo prohibido por esas datas. Usábase para a pesca da pescada, do badexo, do escacho…
XEITO: Arte de deriva flotante para a sardiña. Sábese del desde o século XV e estaba formado por entre tres e sete pezas e media.
XUSTIZAS: Alguacís, executores xudiciais.
ZUMAGUE: Casca de carballo, salgueiro ou piñeiro coa que se fai unha especie de infusión ou de caldo para tinguir ou encascar as redes.